Powered By Blogger

viernes, 10 de diciembre de 2010

HISTORIA DO CURRO

 O escomenzar  esta historia da orixen e nacemento do curro de Morgadáns (Gondomar), ainda hoxe coñecido por muitos coma o CURRO DE PEITIEIROS,  e agora que estas celebracións recuperaron o seu auxe contando co recoñecemento máis alá das nosas fronteiras, debo decir que tivo o seu nacemento na parroquia de PEITIEIROS, sendo a súa primeira celebración no eirado da "CASA DO OUTEIRO", coñecida bastantes anos máis tarde pola casa do Arbones sita no barrio da Area.
A primeira xuntanza dos equinos foi organizada por Vicente Pérez Domínguez (1907-2000), coa axuda do por aquel enton seu socio, Benigno Pérez (Benigno do Canteiro) alá a mediados dos anos 50.
Ao ano seguinte, coa merca de máis animais, pensaron nun lugar con unha maior capacidade para levar a cabo as tarefas da xuntanza, rapa e marca, sendo o lugar elexido a "CORTE DO PETO", no lugar do Monte da Area, onde ainda hoxe se conserva parte da súa estructura.
Pouco a pouco a idea destes apaixonados por estes menesteres foi calando entre máis persoas, contando en pouco tempo con un maior número de gandeiros e coma consecuencia, de animais.
Non podo precisar si aquela celebración se alongou muito máis tempo neste novo escenario, aínda que os meus datos me din que non debeu pasar muito máis alá, pois o novo recinto pronto volvía a quedar pequeno, tendo que ir na procura dun de unhas dimesións máis amplias para levar a cabo estas tarefas..
O certo é que Vicente Pérez era partidario de buscar algún lugar máis adentrado no monte para facilitar as labouras de xuntanza e condución dos cabalos, e ao mesmo tempo con acceso para que as familias, amigos e veciños poidesen achegarse a celebración da festa. Para iso precisaban lugar axeitado para celebrar o evento dado que aquela idea primaria iba gañando forza co paso dos anos ca incorporación de novos gandeiros non só de Peitieiros, senón tamén dos arredores coma Morgadáns, Couso, Prado, Vilas, etc.
O certo é que aquilo iniciado coma unha paixón por estes animais foi tendo repercusión nas parroquias do noso concello e dos concellos limítrofes: xentes de Tui, Baiona, Tomiño, acudían no día da celebración para disfrutar do bravo espetáculo donde se mezclaba a forza do home ca bravura das bestas.
A ELECCIÓN DO NOVO EMPRAZAMENTO
A idea de meu avó de trasladar as celebración a outro lugar atopou muitos atrancos dado que el sempre puso por diante que coma fundador non podía saír dos límites da  parroquia de PEITIEIROS, atopando unha forte rexistencia pola parte dos gandeiros da parroquia tudense de Malvas, xa incorporados por aquel entón o colectivo, é que mantiñan a sua postura de organizalo no alto de San Antoniño, dentro da coñecida coma "TOMADA DO VISPO".

Finalmente os gandeiros de parroquia Tudense cederon, é o lugar elexido foi coma muitos saben "A PRESIÑA" tamén chamada "VEIGA VELLA" en Peitieiros. Alí acudián cada ano no segundo domingo do mes de xuño, se o tempo llo permitía, para a súa celebración, baixando as bestas xuntas dende montes ainda ben lonxanos e dos arredores, tendo que escomenzar a xornada mui cedo pois lle agardaba un esforzo agotador.
O TRASLADO A MORGADÁNS

O curro seguiuse celebrando durante varios anos no mesmo escenario. Coa entrada anos máis tarde dunha maioría de gandeiros de fora da parroquia, decidiuse cambialo de emprazamento sendo elexido o lugar que hoxe o alberga na parroquia de Morgadáns. Isto foi alá a mediados dos anos sesenta, non podo precisar o ano en concreto, pois, coma consecuencia da emigración, chegoume a nova fora destas terras. O que si teño presente aínda hoxe, son as cartas donde me amosaba a súa tristura por levar o curro fora da parroquia, si ben e certo que naquel intre o maior número dos gandeiros da parroquia veciña pesaba máis, non lle quedando outra que aceptar aquela decisión.
Coma podedes imaxinar, tería muitas cousas que engadir a este relato, se ben é certo que con esta síntese agardo que se saiba o por que o curro de Morgadáns ainda despóis de tantos anos, tamén de lle coñece polo CURRO DE PEITIEIROS.